05 março, 2007

A contaminación en Galicia

Galicia e Portugal atópanse fortemente vinculadas. Á súa proximidade xeográfica temos que engadir unha cercanía cultural e lingüística. Por desgracia, tamén compartimos outros aspectos non tan agradables como son os problemas medioambientais.

... os lumes,


a contaminación das augas,

a invasión dos ecosistemas por especies exóticas, ...

son só algúns dos numerosos problemas que se están a soportar tanto en Galicia como en Portugal.

Algúns deles están incluso interrelacionados: o recente rexeitamento á multinacional Pescanova da autorización para instalar unha piscifactoría nunha zona protexida de Galicia (Touriñan) ten como consecuencia ó traslado do proxecto a Portugal (Mira), nunha zona que, en principio, parece gozar do mesmo nivel de protección.


- http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5435749
- http://www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=7111
- http://gaia.org.pt/?q=node/1219

2 comentários:

Marcelino Lopes disse...

Pois é... as questões económicas venceram as ambientais. :-(

Anónimo disse...

si las quetions esonomicas a gañado a las ambientales... vale prof marcelino gracias por su comentaráio ao post... bejos para tuedos los alunos del 12ºB de la escuela secundaria da povoa de lanhoso