20 março, 2007

PROBLEMA AMBIENTAL: AUGAS CONTAMINADAS NA RÍA DE PONTEVEDRA

A ría de Pontevedra é a terceira ría máis grande de Galicia. Posee unha importante riqueza biolóxica, ten unha alta productividade debido a súa riqueza en nutrientes e o movemento das súas augas. É zona de alta actividade pesqueira e marisqueira e ten unhas das flotas máis grandes e activas do mundo.
Pero por desgracia, a ría según a páxina web
www.geocities.com ten os valores máis altos de contaminacion de toda Galicia. As causas son según esta páxina, por un lado, a que a zona que rodea a ría está mui industralizada e empresas como ENCE e ELCENOSA verten os seus residuos industrais afectando a zonas de baño e a especies de moluscos bivaldos xa que cambia o olor e color das augas nalgunhas zonas. Outas verten como TAFISA verten meteles pesados e sustancias tóxicas que se acumulan no fondo da ría. Por outro lado, debido a gran actividade portuaria que hai ó redor da ría, sobre todo en Marín, prodúcense vertementos de sustancias derivadas dos traballos de construcción e mantemento da flota (sustancias flotantes,aceits minerales, coloracións anormales no fondo da ría...). A última causa son os contaminantes urbanos (residuos de materia órganica e contaminantes microbiolóxicos) que proveñen das cidades e pobos que están ó redor da ría. Ademais a contaminación elévase no verán cando aumenta a poboación debido ó turismo.
Respecto as solucións que se van tomar estase trabalando nunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) situada en Placeres que da servicio a Pontevedra e Marín e pretendese con esto reducir a carga microbiana da ría. Tamén se deu presuposto para o Plan de Saneamento da orilla da ría. Noutras zonas estánse tomando solucións individuais ó tratamento dos seus vertidos e outras están proxectando colectores, algunhas zonas xa teñen redes unitarias de saneamento.


Leticia Penas Soutiño
Alba Costoya Lesta
María Penas
Daniel Mato

1 comentário:

Prof. Francisco Javier Aguado disse...

Moi ben, Leticia e compañía. Quizás o problema da ría mellore ca saída de Ence da súa actual ubicación.